Rías Baixas, Territorio Gastronómico

Un paseo por algunhas das mellores cociñas galegas contemporáneas

O cerne desta proxecto é a edición dun libro: un proxecto editorial da Deputación de Pontevedra para a promoción internacional das Rías Baixas a través da experiencia de nove cociñeiros que funcionan como grupo informal (aínda que tamén son membros do Grupo Nove, ao que pertencen cociñeiros de toda Galicia) e son partícipes dunha filosofía común: respecto pola súa tradición culinaria, devoción polos produtos da súa terra e compromiso co desenvolvemento dunha vangarda de alcance global.

O libro, editado por Uqui Permui e Marta Lucio, introdúcenos, por medio de entrevistas realizadas polos escritores Manuel Gago e Jorge Guitián, na cociña de nove prestixiosos cociñeiros, que nos falan dos seus procesos creativos e detallan ademáis as súas receitas, fotografadas por Francesc Guillamet. Un libro de autor, perfecto para aqueles que queiran, non só descubrir, senón saborear este lugar do noroeste peninsular. [Ver máis]

O proxecto ten ademais vocación de proxectar as Rías Baixas a escala internacional, por iso se completa con materiais en distintos soportes, como polípticos ou vídeos promocionais.
Deputación de Pontevedra, 2011

Premio Gourmand CookBook Award na súa edición española, 2011 2º premio na convocatoria 2012 do XVIII Premio Nacional de Periodismo Álvaro Cunqueiro, 2012 Seccionado para os premios Visual 2011-2012