Pan da moa
O proxecto abrangue o naming, logotipo, desenvolvemento web, packaging, imaxe das tendas, etc, un proxecto de imaxe global, con asesoramiento constante tanto das pautas visuales como as non visuales da marca. Neste momento estamos inmersos no proceso de implantación, que pode levar aínda un tempo, pero con moi boa acollida por parte do público, e unha total implicación do cliente. Logo de varias conversacións coa familia Moscoso Moure, empezou a crecer a idea de “Pan da moa”, buscamos e analizamos outras posibilidades, pero ao final optamos por escoller o nome dun dos seus pans máis persoais, e penso que demos no cravo, xa que ao momento de empezar a traballar con el, xurdiu unha gráfica rítmica, que é moi fácil de relacionar co pan, porque resalta a marca do corte que lle fai o panadeiro ás barras. E non deixa de perder a súa identidade como “m” de “moa”, tamén se decidiu utilizar como marca do obradoiro familia “moscoso moure” xerme de tendas “Pan da moa”