Real Filharmonía de Galicia
Propostas gráficas para o programa de abono da orquestra galega
Durante varias temporadas, encargámonos da imaxe da Real Filharmonía de Galicia, unha das espiñas dorsais da programación cultural compostelá e un referente que cada semana atrae a centos de espectadores ao Auditorio de Galicia para escoitar os seus concertos. O protagonista do proxecto foi sempre a publicación do propio programa de abono, para a que sempre se buscaba unha imaxe atrevida, singular ou de certo impacto, buscando un equilibrio entre a identificación cos abonados coma o contacto con novos públicos. Isto sempre sen descoidar a dimensión práctica do programa, que debía ser accesíbel, de fácil consulta e acompañar os espectadores durante todo o ano.
Programas e outras aplicacións da RFG. [Ver máis]
Carteis da RFG. [Ver máis]
Gráfica expositiva do 10 aniversario da RFG. [Ver máis]
Real Filharmonía de Galicia, 2006-2011