Antonio Palacios

Soños de modernidade, compromiso con Galicia. 

Este libro reflexiona sobre as diferentes vertentes do recoñecido arquitecto que debuxou algúns dos máis emblemáticos edificios de Madrid. Pero, malia ter traballado en diferentes lugares, sempre mantivo unha estreita vinculación con Galicia, tanto a través da cultura como dos materiais, como a pedra das canteiras do Porriño.

Ese foi o fío que seguín para deseñar a publicación; buscando a esencia que perseguía o arquitecto, cheguei ás canteiras de pedra. Logo só tracei un bosquexo das fisuras que xorden entre os grandes bloques como se se tratase dun plano arquitectónico. Como di Álvaro  Bonet nesta obra: “Se Miguel Anxo dicía que podía ver dentro dun bloque de mármore a escultura e que el soamente se limitaba a quitar o que sobraba, así tivo que concibir Palacios a arquitectura do Metro de Madrid”.

O tipo de encadernación está tamén pensado para intensificar esa idea, deixando ao descuberto a estrutura do libro, que logo arroupamos cunha medio  sobrecuberta que nos permite manter a información no lombo na biblioteca.

Imagen
portada de libro Palacios
 
 
Imagen
portada de libro Palacios

 

Imagen
portada de libro Palacios

 

Imagen
interior libro Palacios
Imagen
interior libro Palacios

 

Imagen
interior libro Palacios

 

Museo do Mar / Xunta de Galicia, 2021