Sementares

Sementares é unha produtora de sementes multi-especies que aposta por recuperar un produto de calidade, priorizando características como o valor nutricional e organoléptico das variedades tradicionais. Colabora cos agricultores galegos, analizando a rastrexabilidade e rexistrando variedades autóctonas a partir do material parental conservado nos bancos de Germoplasma de Galicia.

 

Imagen
man con sobre

 

O deseño, tanto da marca como do packaging, mostran ese aspecto de empresa produtora de innovación que busca calidade certificada, sen renunciar a comunicar unha imaxe amigable e próxima do produto. Para iso, creouse unha marca (2022) que desde a propia tipografía expresa un forte vínculo coas sementes e cos surcos da terra, deseñándose unha tipografía San Serif específica, con remates redondeados que facilitan esa proximidade. 

O reto foi conseguir cores brillantes e rechamantes, utilizando sobres impresos en material bio-basee elaborado a partir de fibra de tomate (FSC C017135). Con ese xogo cromático, identifícanse rapidamente as diferentes familias do produto e destacan nos andeis das tendas especializadas en horticultura. Todo o deseño expresa, tamén, a personalidade da marca, profesional, resaltando o seu carácter de I+D e inspirándose nos envases farmacéuticos, pero sen perder o atractivo e a proximidade dun produto agroalimentario.

 

Imagen
deseño de packaging-sementares
Imagen
caixas de fabas

 

Realizamos tamén o deseño da web onde podes ver todos os produtos que comercializa a marca.

 

Imagen
logotipo sementares

 

 

 

Sementares, 2023

Nominado aos 2024 EUROPEAN DESIGN AWARDS 2024

Premio Nort, 2024

Premio LATAMPACK de Ouro ao mellor envase eco amigable

Selección CLAP 2023 en branding e packaging, como mellor sistema de identidade corporativa.