Panel (en 3 partes) de Genesal para o Stand da Feira de Dubái
Prototipo do grupo electróxeno deseñado exclusivamente para o evento
Stand Genesal
Gráfica do stand de Genesal para Middle East Electricity Do 17 ao 19 de febreiro celebrouse en Dubái un encontro onde empresas internacionais amosan os seus produtos e servizos entorno á industria enerxética. Deseñamos un mural infográfico de 15 metros que cubre todo o espazo dun stand plantexado para a comunicación e as relacións. A imaxe da área do stand recrea unha cidade imaxinada, ideada para o futuro. A gráfica marca os lugares estratéxicos dos grupos electróxenos nas cidades: edificios, hospitais, trens, helicópteros... Marcaxe que se fixo extensible ao propio Grupo exposto, un prototipo deseñado exclusivamente para o evento, os grupos electróxenos de Genesal teñen a virtude de adaptarse a todos os espazos por específicos que sexan, esa característica é o que quixemos reseñar no deseño, que obtivo a visibilidade que buscabamos nunha feira internacional desa relevancia.