Corpos de Producción
miradas críticas e relatos feministas en torno aos suxeitos sexuados nos espazos públicos
En xaneiro de 2002 comezamos a traballar en Corpos de Producción, un proxecto que se definía como un espazo interdisciplinario de colaboración entre artistas, activistas e teóricas/os de diversos campos, e que pretendía elaborar textos escritos e visuais sobre/no espazo público da cidade de Santiago de Compostela. Corpos de Producción quería pensar sobre os mecanismos de xeración de coñecementos, sobre a posibilidade e de construír imaxes críticas dos nosos corpos nos espazos públicos, sobre novas formas de visibilidade implicada e sobre a confluencia dalgunhas prácticas artísticas e algunhas prácticas políticas nesta última década. Dentro do proxecto desenvolveronse seminarios, publicacións, carteis ect…
Este proxecto se desenvolveu no espazo público, os carteis foron colocados durante un mes nos mupis da cidade de Compostela. [Ver máis]
Publicación que recolle un proxecto que durou de 2002 a 2005 [Ver máis]
Concellaría da Muller do Concello de Santiago, 2002-2003