Lettering pautado de Giseliña
Lettering de Giseliña

Lettering Giseliña

Un exercicio de tipografía modular para un espectáculo coreográfico

Giseliña é a recuperación de Giselle, un dos clásicos da danza do século XIX, nun contexto contemporáneo e cunha linguaxe tamén contemporánea. Para contrastar o sedimento romántico que emanaba das fotografías e conseguir comunicar ao espectador que se atopa ante unha interpretación actual, debuxamos sobre unha cuadrícula letras ríxidas e modulares. Aínda que só se empregan as letras no título, desenvolvimos todo o alfabeto e estamos a preparar unha tipografía a partir del.

Centro Coreográfico Galego. Agadic. Xunta de Galicia, 2009