Cabeceira de "Ó fío do retrato"

Xogando cos novelos de fío para crear a cabeceira da serie documental da TVG

«Ó fío do retrato»; producida por Ibisa TV para a TVG. Cada programa presenta un personaxe da vida social e cultural de Galicia a través de retratos e conversas co fotógrafo Anxo Cabada. Para a realización da cabeceira partiuse de fotografía fixa sobre a que vai desenvolvendo a gráfica, guiada por un novelo que tamén se converte en texto. A música orixinal é de Rodrigo Romaní.

TV e TVG, 2009