Visita a páxina dos premios 2011 en e-auditoriodegalicia.net/premios2011
Podes ver a páxina da zona C en e-auditoriodegalicia.net/zona-c
e-auditoriodegalicia
O Concello de Santiago de Compostela encargounos o desenvolvemento dun espazo web para as publicacións multimedia que cada vez con máis frecuencia produce a súa Concellería de Cultura desde o Auditorio de Galicia. O resultado é e-auditoriodegalicia, un espazo de investigación sobre a edición dixital e de reflexión sobre as posibilidades de difusión de proxectos e exposicións. Dentro deste proxecto, adaptouse o catálogo multimedia dos Premios Auditorio elaborado no 2009 e creouse un microsite para recoller a documentación da exposición Casus Belli. Refutación do contexto. Aquí, o público pode escoller entre diferentes formatos (e-book, pdf ou flash) para ver e ler o catálogo. Neste caso, mesmo se abre a posibilidade, a partir dun manual de construción, de autoeditar un exemplar impreso. Unha das últimas incorporacións foi o catálogo de obra online dos Premios Auditorio de Galicia 2011 e o microsite específico para a zona C. Visita a páxina en e-auditoriodegalicia.net