María Lara. Sensacións, rexistros e impresións
Libro editado con motivo da exposición de María Lara ‘Sensacións, rexistros e impresións’, celebrada no MUSAC e comisariada por Manuel Olveira. Un dos privilexios que ten traballar en deseño é que che permite –para min é imprescindible– mergullarte profundamente nos terreos que traballas, neste caso descubrir a esta artista que leva traballando dende os setenta en composicións a simple vista sinxelos.