Premio SERenidade para en Negro Contra as Violencias
Decembro, 2018
Para min este premio ten un dobre recoñecemento. Un recoñecemento a unha disciplina que axuda a deseñar a sociedade que queremos, lonxe da idea de que o deseño é frívolo e prescindíbel… o deseño é moito máis que estética. Doutra banda, recoñece unha acción que trata de implicar e concienciar á sociedade contra as violencias machistas. Están agredíndonos, violando, matando… e creo, estou convencida de que unha das formas máis eficaces de loitar contra isto é a educación e a concienciación social. Así o entenderon tamén miles de persoas que fixeron súa esta acción, a cada unha delas correspóndelle unha parte deste recoñecemento, aos máis de cen concellos, ás tres deputacións, ás empresas que o patrocinaron… e a todas as persoas que loitan contra as violencias machistas… e sobre todo, quero compartir este premio con Marta Lois, Natalia Paleo, Lucia Canoira… sen elas, este proxecto, simplemente, non teria existido… moitas grazas!