Vista da exposición en DARDO

20 anos de DAG: dúas décadas construíndo comunidade arredor do deseño
31 Agosto 2026

Os aniversarios son unha oportunidade para deterse, mirar atrás e facer balance do camiño percorrido: analizar os logros acadados, identificar os retos pendentes e aprender das dificultades atopadas para seguir deseñando o presente e o futuro.

A nivel persoal, síntome especialmente orgullosa de formar parte desta comunidade de persoas que compartimos a paixón polo deseño e o compromiso por mellorar o ámbito profesional das deseñadoras e dos deseñadores en Galicia. Ao longo destes anos levo comigo todo o aprendido e, sobre todo, as persoas que fun coñecendo polo camiño, moitas delas convertidas xa en amizades.

Como asociación, a DAG traballou en múltiples frontes. Comprometeuse coa ética profesional, impulsando –xunto á comunidade READ– o primeiro Código Deontolóxico do Deseño; coa memoria do sector, promovendo iniciativas como ARDE; e co coñecemento da realidade do deseño en Galicia, a través de Estudos de Deseño como o realizado xunto con GAIN sobre a economía. Tamén organizou foros, encontros profesionais e actividades de networking para fortalecer o sector e crear espazos de intercambio e colaboración.

No fondo, todas estas iniciativas responden a unha mesma vontade: contribuír, desde o deseño, á construción dunha sociedade mellor. Como afirma Don Norman, "a comunidade profesional de deseñadores debería actuar como activadora, facilitadora e como recurso para axudar á sociedade a afrontar os seus retos". Esa é tamén a vocación da DAG: ser unha comunidade de persoas que comparten intereses, ideas e proxectos para impulsar o deseño como ferramenta de transformación.

Esta maneira colectiva de organizarnos é tamén a que queremos celebrar neste aniversario. 20 anos de traballo, aprendizaxes, encontros e comunidade que se materializou nunha exposición que se celebrou o pasado mes de abril na sala DIDAC e que, proximamente, quedarán tamén recollidos nun libro que estou desexando ter nas mans

Artigo sobre a exposición na web de DAG.
Gráfica expositiva: Irene García

 

Comunidade DAG na inauguración

Parabéns DAG!

Este año en la DAG estamos de celebración. Cumplimos 20 años de trayectoria bajo una idea que resume bien nuestro recorrido: 20 años de comunidad alrededor del diseño.

Colectividades