Ir o contido principal
Inicio

Porto de Amio, 20
15707 Santiago de Compostela
Galicia

T. +34 981 572 328
info@uqui.net

Estamos en:
DAG
READ
BEDA

Instagram
Pinterest
Twitter
LinkedIn
Vimeo
YouTube
Behance

 

  • gl
  • es
  • en

Aviso legal
Cookies

FSWD

Main navigation
  • Imaxe de Destacados
    Destacados
  • Imaxe de O Estudo
    O estudo
  • Imaxe de Servizos
    Servizos
  • Imaxe de Novas
    Novas
  • Imaxe de Arquivo
    Arquivo
Todas as novas
Multimedia
Cor
Publicación
Fotografía
Exposicións
Identidade
Influencias
Entrevistas
Marcas
Bauhaus
Carteis
Cultura
Prensa
Artigos
Santiago de Compostela
Ilustración
Premios
Gráfica feminista
Paisaxe
Xacobeo
Compostela en Negro
Feminismos
Gastronomía
Camiños de auga
Unha parte deste curso dediqueina a investigar sobre os puntos de auga no Camiño de Santiago. A idea xurdiu, como adoita ocorrer, a partir doutro proxecto: Proxecto Lugares de Natalia Balseiro. Nalgún momento apareceu o tema de que as fontes non están sinalizadas e da dificultade para saber o estado da auga, se é potable ou non. Así nace Camiños de auga. 
home bebendo nunha fonte
Sempre libres e vivas, un berro colectivo que traspasou fronteiras
No ano 2015 en Santiago, xorde Compostela en Negro, unha iniciativa municipal de sensibilización social contra as violencias machistas a propósito da celebración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
portadas e interior do libro
A viaxe
A viaxe a Nápoles para recoller o EDAwards atópame inmersa na lectura de ‘O deseño como storytelling’ de Ellen Lupton. Ensaio e realidade flúen durante o traxecto, en paralelo, fusionándose na miña mente como unha soa historia.
momento da entrega do premio EDAwards
Premios Galicia de Innovación e Deseño 2023
Pechamos o ano cun importante recoñecemento á nosa traxectoria, o Premio Galicia Innovación e Deseño que outorga a Xunta de Galicia, por medio da Axencia Galega de Innovación GAIN ás persoas ou estudios e ás empresas galegas que destacan no seu impulso pola innovación e o deseño.
Uqui Permui falando na entrega dos premios Galicia Deseño 2023
O poder do deseño
Entrevista no programa da rtve La aventura del saber guiada por Mariña Collazo. Presentamos a exposición From Spain With Design (FSWD), nese momento en Xixón. Unha boa oportunidade para coñecer o mellor do deseño actual en España.
Uqui Permui no programa La aventura del saber
Máis alá da gráfica… co mar de fondo
Hai algúns meses que empecei a investigar con Alberto sobre a influencia da vista no sabor. Quizais parece evidente, pero cando profundas un pouco decátaste de que vai moito máis alá do que pensabamos…
Polvo lacado con puntilla de camariñas
María Lara. Sensacións, rexistros e impresións
Libro editado con motivo da exposi­ción de María Lara ‘Sensacións, rexistros e impresións’, celebrada no MUSAC e comisariada por Manuel Olveira. Un dos privilexios que ten traballar en deseño é que che permite –para min é imprescindible– mergullarte profundamente nos terreos que traballas, neste caso descubrir a esta artista que leva traballando dende os setenta en composicións a simple vista sinxelos.
Portada libro de Maria Lara
Premio SERenidade para en Negro Contra as Violencias
Decembro, 2018
serenidade, premios, en negro contra as violencias
A gráfica feminista
Este artigo foi publicado no catálogo Alén dos Xéneros, prácticas artísticas feministas en Galicia. Exposición comisariada por Anxela Caramés, realizada no Marco de Vigo e posteriormente no Auditorio de Galicia.
gráficas feministas atopadas na rúa
A marca dun premio: Galiciaparabéns
Presentáronse os premios Galiciaparabéns, unha iniciativa da Axencia de Turismo de Galicia, dirixida a recoñecer aos concellos as iniciativas de conservación e de embelecemento das súas paisaxes e os seus núcleos de poboación. Foi, precisamente, partir da idea da paisaxe, e en concreto, das montañas, onde atopei a inspiración para realizar a marca dos premios, unha "B" que se incorpora ao logotipo coa tipografía Kinetic -deseñada recetemente por María Ramos e Noel Pretorius-.
trofeo Galiciaparabéns
En negro contra a violencia, unha experiencia social transmedia
Actualmente, a converxencia de medios permítelle á cidadanía converterse en participantes activos dos contidos que se difunden. Relatos e accións que non se basean, do mesmo xeito que neste proxecto, simplemente nas redes sociais, senón que combinan, de forma eficaz, o contacto físico, real, co virtual, tanto utilizando internet como ferramenta de conexión, coordinación e difusión, como por medio de talleres ou accións na rúa, valéndose do contacto persoal para conseguir unha maior repercusión…
mariscadoras de poio na acción en negro contra a violencia
Relacións icónicas coas paisaxes...
Entrecruzar gráfico entre Brasil, Portugal e Galicia Uqui Permui
mapa de referencias brasil-portugal-galicia
De que cor é Compostela?
Dicía Luís Seoane, que «cada libro ten unha historia que contar, independente do tema que trate, unha historia referida a súa edición», e así é, normalmente unha historia invisible. Neste caso, Ouro, verde e negro… xorde dunha proposta do Consorcio de Santiago de Compostela para crear un libro sobre Santiago de Compostela a partir dos relatos —fotográficos e escritos— feitos por varios autores de referencia.
Uqui Permui, Compostela, ouro, verde e negro, roda cromática
Grazas colaboradoras, colaboradores...
Grazas amigos que nos acompañástedes a abrir esta nova etapa de uqui.net.
performance-janet novás