O packaging de Sementares está a obter numerosos recoñecementos, o último foi o dos EUROPEAN DESIGN AWARDS 2024
European Design Awards, 2024 (Silver)
Premio Nort, 2024
Premio LATAMPACK de Ouro ao mellor envase eco amigable
Selección CLAP 2023 en branding e packaging, como mellor sistema de identidade corporativa.
Sementares é unha nova produtora de sementes multi-especies que aposta por recuperar un produto de calidade colaborando cos agricultores, analizando a rastrexabilidade e rexistrando variedades autóctonas a partir do material parental conservado nos bancos de Germoplasma de Galicia. Dadas as características da empresa a sustentabilidade ten que reflexarse tamén nos envases, buscando sempre materiais innovadores como o bio-base, en canto ao deseño xógase con cores vivas que identifican rapidamente ás diferentes familias do produto e destacan nos estantes das tendas especializadas en horticultura.
Museo Virtual da USC
Encargámonos de deseñar a web que trata de dar a coñecer á cidadanía, os preto de mil bens cos que conta a Universidade de Santiago de Compostela. Constrúese como un proxecto aberto e en permanente evolución. Consta de catro apartados polos que navegar entre os fondos: coleccións, Itinerarios, localización e explora; ademáis de dar a posibilidade de crear o teu propio museo presionando na icona con forma de corazón que ten cada obra, de tal xeito que a persoa usuaria vai así conformando a súa propia colección persoal.